Xa queda pouco para o Corpus e un dos tesouros da nosa zona é a elaboración de grandes alfombras decoradas con materiais naturais. Por iso, recibimos a visita da asociación de Alfombras Florais de Bueu acompañados de Pepe Carreiro, creador dos nosos queridos Bolechas. O resultado foi unha actividade lúdica, formativa e artística.
miércoles, 25 de abril de 2018
Excursión a Santiago.
O pasado martes 17 de abril os alumnos de 3º,4º, 5º e 6º fomos a Santiago de Compostela.
O obxectivo principal da saída era visitar o Museo do Pobo Galego, de etnografía galega e moi relacionado co noso proxecto de centro. A visita resultou moi interesante xa que os alumnos realizaron un xogo de pistas para coñecer ben os segredos de cada sala do museo.
Ademáis aproveitamos a viaxe para visitar o museo de Arte Contemporáneo, no que os nenos puideron coñecer diferentes tipos de manifestacións culturais, xa fosen en formato audiovisual, esculturas, pinturas ou arquitectura.
Despois de visitar os museos, demos un paseo polas, sempre interesantes, rúas de Santiago ata chegar á Catedral.
O momento da comida gozámolo no parque da Alameda.
Resultou un día moi entretido e completo, no que ademais de aprender, gozamos dunha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de colexio.

jueves, 1 de marzo de 2018
Radio Faladoiro. A doazón de sangue.
Os
alumnos de sexto estiveron investigando sobre a doazón de sangue e as
transfusións. Para expoñer o que aprenderon, elaboraron un programa de radio.
Podedes escoitalo na seguinte ligazón.
miércoles, 28 de febrero de 2018
JOSÉ MARÍA BARREIRO
O pasado 19 de febreiro, tivemos a gran sorte de
recibir a visita dun dos pintores máis recoñecidos de Galicia, e veciño da nosa
parroquia: JOSÉ MARÍA BARREIRO. Os alumnos e alumnas de quinto aproveitaron
para coñecer un pouco ó artista e facerlle unha entrevista. Aquí tedes o
resultado:
viernes, 26 de enero de 2018
Ecopercusión
Onte os alumnos de sexto e quinto participaron nun obradoiro de ‘ecopercusión’ moi interesante e divertido!
miércoles, 24 de enero de 2018
Empezamos coa RADIO!!!
Xa temos listo o primeiro programa de radio elaborado polos nenos e nenas de quinto.
Trátase dun conxunto emisións con temáticas relacionadas co DIA DA PAZ.
Aquí tedes o resultado:
PROMOCIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO, por Sara, Gabriel, Hugo e Emma.
ACTIVIDADES T+t, por Alberto, Marta, Carla e Cristina.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O 30 DE XANEIRO, por Manuel, Xiana e Lucía.
ENTREVISTA Á DIRECTORA DO COLEXIO, por Antón, Alba, Diego e Inés.
ENTREVISTA ÁS VOLUNTARIAS DA PROTECTORA DO MORRAZO, por Gael, Martín e Antía.
Esperamos que gocedes cos programas e...seguimos escoitándonos en....RADIO FALADOIRO!

viernes, 29 de diciembre de 2017
Festa de Nadal 2017
E acabouse o trimestre... parece que foi onte cando empezamos este novo curso. Para celebralo, compartimos un pica-pica, recibimos a visita de papá Noel e pasámolo en grande na festa de fin de ano que nos prepararon as familias do AMPA.
Boas festas!
Boas festas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)