Boas festas!
viernes, 29 de diciembre de 2017
Festa de Nadal 2017
E acabouse o trimestre... parece que foi onte cando empezamos este novo curso. Para celebralo, compartimos un pica-pica, recibimos a visita de papá Noel e pasámolo en grande na festa de fin de ano que nos prepararon as familias do AMPA.
Boas festas!
Boas festas!
miércoles, 20 de diciembre de 2017
Festival de Nadal 2017
Festival de Nadal 2017
Se queredes practicar o RAP de quinto, aquí tedes o 'Karaoke'.
Bo NADAL!
miércoles, 22 de noviembre de 2017
Lecturas relacionadas co 25N
Hoxe saímos ao patio para compartir lecturas sobre a igualdade, o respecto e a liberdade das mulleres, en relación coa semana do 25-N.
Os nenos e as nenas de quinto leron contos aos de terceiro.
Foi unha actividade moi positiva!
martes, 14 de noviembre de 2017
Iniciamos o programa de convivencia.
Hoxe recibimos unha formación inicial para aprender sobre os conflitos e a maneira de xestionalos.
Este ano seremos titor@s d@s nen@s de terceiro e temos que estar ben preparados!
Surxiron temas e propostas moi interesantes. Grazas Félix por esta sesión tan enriquecedora!
Este ano seremos titor@s d@s nen@s de terceiro e temos que estar ben preparados!
Surxiron temas e propostas moi interesantes. Grazas Félix por esta sesión tan enriquecedora!
viernes, 10 de noviembre de 2017
MAGOSTO 2017
Hoxe, unha vez máis, gozamos dunha divertida celebración do Magosto. Comemos castañas asadas, chourizos asados e xogamos aos xogos tradicionais que tanto nos gustan.
miércoles, 1 de noviembre de 2017
SAMAÍN 2017
Un ano máis, a escola transformouse para celebrar o Samaín: contos de terror, lendas da zona, cabazas decoradas incriblemente, talleres preparados conxuntamente entre familias e mestres, poemas terroríficos...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Como gozamos!
Podedes obter as imaxes de: https://photos.app.goo.gl/YPJf4gpnk1shUpFy1
Visita ao Museo Liste
O pasado 4 de outubro, como actividade integrada no noso proxecto 'DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS', os alumnos da escola DE 3º A 6º, visitaron o Museo Liste en Vigo.
Alí puideron coñecer marabillas da nosa historia máis recente relacionadas cos oficios, os instrumentos de traballo, a música...
Foi unha actividade moi enriquecedora e interesante.
Alí puideron coñecer marabillas da nosa historia máis recente relacionadas cos oficios, os instrumentos de traballo, a música...
Foi unha actividade moi enriquecedora e interesante.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)