jueves, 24 de mayo de 2018

Visita Carlos Pérez

Hoxe veu visitarnos Carlos Pérez Rial, "Perucho", campión olímpico en 2008 en piragüismo. Explicounos como se chega a ser un campión: con constancia, traballo e, sobretodo, desfrutando do camiño.
O adestrador do Club de Mar Ría de Aldán, Diego Dacosta, animou aos nenos a probar a piragua e descubrir este deporte.
Os alumnos e alumnas desde 3º a 6º puideron subirse ao simulador de Kayak, o ergómetro, coller as palas de canoa e kayak e ter nas súas mans a medalla de ouro dos XXOO de Carlos.
Foi unha experiencia moi bonita e motivadora.
A continuación, os alumnos de quinto, fixéronlle unha entrevista para Radio Faladoiro.

jueves, 3 de mayo de 2018

Páxina colaborativa

Os alumnos e alumnas de quinto empregaron unha ferramenta colaborativa para poder compartir as informacións que ían procurando. 
Resultou moi práctico e útil para poder realizar o traballo final de proxecto.

Aquí tedes a ligazón para poder botarlle un ollo…e si queredes, continuar engadindo informacións (so tedes que pulsar a icona +)

Hecho con Padlet

Radio Faladoiro: proxecto de quinto

Aos poucos imos rematando o noso proxecto no que traballamos os principais elementos patrimoniais de Cela. 
Pronto compartiremos os resultados, pero polo momento queremosvos  mostrar os programas para Radio Faladoiro elaborados polos diferentes equipos.
En cada un deles, resumen de maneiras diferentes os aspectos traballados durante estes días.
Esperamos que vos gusten!

Cruceiros...


Hórreos...
  Lavadoiros...
Muíños...

miércoles, 25 de abril de 2018

Obradoiro de Alfombras e visita de Pepe Carreiro.

Xa queda pouco para o Corpus e un dos tesouros da nosa zona é a elaboración de grandes alfombras decoradas con materiais naturais. Por iso, recibimos a visita da asociación de Alfombras Florais de Bueu acompañados de Pepe Carreiro, creador dos nosos queridos Bolechas. O resultado foi unha actividade lúdica, formativa e artística. 

Excursión a Santiago.

O pasado martes 17 de abril os alumnos de 3º,4º, 5º e 6º fomos a Santiago de Compostela. 
O obxectivo principal da saída era visitar o Museo do Pobo Galego, de etnografía galega e moi relacionado co noso proxecto de centro. A visita resultou moi interesante xa que os alumnos realizaron un xogo de pistas para coñecer ben os segredos de cada sala do museo. 
Ademáis aproveitamos a viaxe para visitar o museo de Arte Contemporáneo, no que os nenos puideron coñecer diferentes tipos de manifestacións culturais, xa fosen en formato audiovisual, esculturas, pinturas ou arquitectura. 
Despois de visitar os museos, demos un paseo polas, sempre interesantes, rúas de Santiago ata chegar á Catedral. 
O momento da comida gozámolo no parque da Alameda. 
Resultou un día moi entretido e completo, no que ademais de aprender, gozamos dunha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de colexio. 


jueves, 1 de marzo de 2018

Radio Faladoiro. A doazón de sangue.

Os alumnos de sexto estiveron investigando sobre a doazón de sangue e as transfusións. Para expoñer o que aprenderon, elaboraron un programa de radio. Podedes escoitalo na seguinte ligazón.


miércoles, 28 de febrero de 2018

JOSÉ MARÍA BARREIRO

O pasado 19 de febreiro, tivemos a gran sorte de recibir a visita dun dos pintores máis recoñecidos de Galicia, e veciño da nosa parroquia: JOSÉ MARÍA BARREIRO. Os alumnos e alumnas de quinto aproveitaron para coñecer un pouco ó artista e facerlle unha entrevista. Aquí tedes o resultado: 

viernes, 26 de enero de 2018

Ecopercusión


Onte os alumnos de sexto e quinto participaron nun obradoiro de ‘ecopercusión’ moi interesante e divertido!

miércoles, 24 de enero de 2018

Empezamos coa RADIO!!!

Xa temos listo o primeiro programa de radio elaborado polos nenos e nenas de quinto.
Trátase dun conxunto emisións con temáticas relacionadas co DIA DA PAZ.

Aquí tedes o resultado:

PROMOCIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO, por Sara, Gabriel, Hugo e Emma.


ACTIVIDADES T+t, por Alberto, Marta, Carla e Cristina.


ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O 30 DE XANEIRO, por Manuel, Xiana e Lucía.


ENTREVISTA Á DIRECTORA DO COLEXIO, por Antón, Alba, Diego e Inés.


ENTREVISTA ÁS VOLUNTARIAS DA PROTECTORA DO MORRAZO, por Gael, Martín e Antía.

Esperamos que gocedes cos programas e...seguimos escoitándonos en....RADIO FALADOIRO!
 

viernes, 29 de diciembre de 2017

Festa de Nadal 2017

 E acabouse o trimestre... parece que foi onte cando empezamos este novo curso. Para celebralo, compartimos un pica-pica, recibimos a visita de papá Noel e pasámolo en grande na festa de fin de ano que nos prepararon as familias do AMPA.

Boas festas! 

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Festival de Nadal 2017


Festival de Nadal 2017


Se queredes practicar o RAP de quinto, aquí tedes o 'Karaoke'.

Bo NADAL!


miércoles, 22 de noviembre de 2017

Lecturas relacionadas co 25N

Hoxe saímos ao patio para compartir lecturas sobre a igualdade, o respecto e a liberdade das mulleres, en relación coa semana do 25-N. 
Os nenos e as nenas de quinto leron contos aos de terceiro. 
Foi unha actividade moi positiva!



martes, 14 de noviembre de 2017

Iniciamos o programa de convivencia.

Hoxe recibimos unha formación inicial para aprender sobre os conflitos e a maneira de xestionalos.
Este ano seremos titor@s d@s nen@s de terceiro e temos que estar ben preparados!
Surxiron temas e propostas moi interesantes. Grazas Félix por esta sesión tan enriquecedora!



viernes, 10 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

Hoxe, unha vez máis, gozamos dunha divertida celebración do Magosto. Comemos castañas asadas, chourizos asados e xogamos aos xogos tradicionais que tanto nos gustan.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN 2017


Un ano máis, a escola transformouse para celebrar o Samaín: contos de terror, lendas da zona, cabazas decoradas incriblemente, talleres preparados conxuntamente entre familias e mestres, poemas terroríficos... 

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración. 

Como gozamos!




Podedes obter as imaxes de: https://photos.app.goo.gl/YPJf4gpnk1shUpFy1

Visita ao Museo Liste

O pasado 4 de outubro, como actividade integrada no noso proxecto 'DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS', os alumnos da escola DE 3º A 6º, visitaron o Museo Liste en Vigo. 
Alí puideron coñecer marabillas da nosa historia máis recente relacionadas cos oficios, os instrumentos de traballo, a música...

Foi unha actividade moi enriquecedora e interesante. 





viernes, 20 de octubre de 2017

Visita Arturo Sánchez Cidrás

O pasado 5 de outubro, Arturo Sánchez Cidrás, profesor xubilado e un dos maiores coñecedores da historia local de Bueu, veu mostrarnos toda a documentación que foi recompilando ao longo dos anos.
Aprendemos moitísimo con el e serviunos de actividade de motivación para aventurarnos a investigar nos nosos proxectos.
Podedes atopar máis información no seu blog: