jueves, 24 de mayo de 2018

Visita Carlos Pérez

Hoxe veu visitarnos Carlos Pérez Rial, "Perucho", campión olímpico en 2008 en piragüismo. Explicounos como se chega a ser un campión: con constancia, traballo e, sobretodo, desfrutando do camiño.
O adestrador do Club de Mar Ría de Aldán, Diego Dacosta, animou aos nenos a probar a piragua e descubrir este deporte.
Os alumnos e alumnas desde 3º a 6º puideron subirse ao simulador de Kayak, o ergómetro, coller as palas de canoa e kayak e ter nas súas mans a medalla de ouro dos XXOO de Carlos.
Foi unha experiencia moi bonita e motivadora.
A continuación, os alumnos de quinto, fixéronlle unha entrevista para Radio Faladoiro.

jueves, 3 de mayo de 2018

Páxina colaborativa

Os alumnos e alumnas de quinto empregaron unha ferramenta colaborativa para poder compartir as informacións que ían procurando. 
Resultou moi práctico e útil para poder realizar o traballo final de proxecto.

Aquí tedes a ligazón para poder botarlle un ollo…e si queredes, continuar engadindo informacións (so tedes que pulsar a icona +)

Hecho con Padlet

Radio Faladoiro: proxecto de quinto

Aos poucos imos rematando o noso proxecto no que traballamos os principais elementos patrimoniais de Cela. 
Pronto compartiremos os resultados, pero polo momento queremosvos  mostrar os programas para Radio Faladoiro elaborados polos diferentes equipos.
En cada un deles, resumen de maneiras diferentes os aspectos traballados durante estes días.
Esperamos que vos gusten!

Cruceiros...


Hórreos...
  Lavadoiros...
Muíños...

miércoles, 25 de abril de 2018

Obradoiro de Alfombras e visita de Pepe Carreiro.

Xa queda pouco para o Corpus e un dos tesouros da nosa zona é a elaboración de grandes alfombras decoradas con materiais naturais. Por iso, recibimos a visita da asociación de Alfombras Florais de Bueu acompañados de Pepe Carreiro, creador dos nosos queridos Bolechas. O resultado foi unha actividade lúdica, formativa e artística. 

Excursión a Santiago.

O pasado martes 17 de abril os alumnos de 3º,4º, 5º e 6º fomos a Santiago de Compostela. 
O obxectivo principal da saída era visitar o Museo do Pobo Galego, de etnografía galega e moi relacionado co noso proxecto de centro. A visita resultou moi interesante xa que os alumnos realizaron un xogo de pistas para coñecer ben os segredos de cada sala do museo. 
Ademáis aproveitamos a viaxe para visitar o museo de Arte Contemporáneo, no que os nenos puideron coñecer diferentes tipos de manifestacións culturais, xa fosen en formato audiovisual, esculturas, pinturas ou arquitectura. 
Despois de visitar os museos, demos un paseo polas, sempre interesantes, rúas de Santiago ata chegar á Catedral. 
O momento da comida gozámolo no parque da Alameda. 
Resultou un día moi entretido e completo, no que ademais de aprender, gozamos dunha xornada de convivencia cos compañeiros e compañeiras de colexio. 


jueves, 1 de marzo de 2018

Radio Faladoiro. A doazón de sangue.

Os alumnos de sexto estiveron investigando sobre a doazón de sangue e as transfusións. Para expoñer o que aprenderon, elaboraron un programa de radio. Podedes escoitalo na seguinte ligazón.